XUNTAS E XUNTOS

Xuntos e Xuntas é un proxecto impulsado pola Asociación de Colleiteiros Embotelladores do Ribeiro para transformar unha situación de crise coma a do COVID-19 nunha oportunidade, unindo as nosas forzas, para acceder a unha canle, coma a de alimentación a que, fundamentalmente por tamaño, non tiñamos acceso, e que agora xa podemos grazas ao programa MERCAPROXIMIDADE da Conselleria de Medio Rural.

Os viños de Colleiteiro se atopan entre os máis premiados e apreciados polos consumidores, pero a situación de peche da hostelería amosounos que non son tan accesibles como pensabamos, ao non estar nos lineáis dos supermercados e grandes superficies. Con este proxecto pretendemos dar máis visibilidade aos nosos viños de Colleiteiro e achegar ao público o segmento de viños de calidade do Ribeiro.

Xuntas e Xuntos son dous viños, tinto e branco, que baixo o criterio técnico de dous dos mellores enólogos de Galicia, como Álvaro Bueno e Pablo Estévez, reproducen a excelencia dos viños de Colleiteiro dos que se nutren. Pero non so están xuntos os nosos viños, xuntas tamén as castes autóctonas do Ribeiro, xuntos os nosos vales … porque xuntos e xuntas imos sair desta.

Tamén colaboran neste proxecto os nosos proveedores que sempre están ahí, apoiando cando é máis necesario.